fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo

Búsqueda

Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Lucas Macías, director
Xoves 2 marzo | 20:30 |Auditorio de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto dirixido por Lucas Macías, no que presentan un programa con tres sinfonías: a Sinfonía Shrunken de Schwertsik, a Sinfonía núm 2 en Do maior de Schumann e a Sinfonía núm 2 en Si bemol maior de Schubert.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Concerto a dúas bandas Banda Muncipal e Conservatorio Profesional de Música
Venres 3 marzo | 20:30 |Auditorio de Galicia
A Banda Municipal de Santiago de Compostela e os alumnos do Conservatorio Profesional de Música ofrecerán un concerto onde interpretarán obras de M. Mussorgsky, R. Strauss, J. Meu e J. A. Pina dirixida por Casiano Mouriño, pero nesta ocasión no Auditorio de Galicia
Teatro | EsperpentoTeatro&Danza
A CABEZA DO DRAGÓN Primeira obra de Valle-Inclán feita en galego
Varias datas|Teatro Principal
Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán. Trátase da primeira obra de Valle-Inclán feita en galego e será apta para todos os públicos para que poida ser gozada tanto por nen@s, como adolescentes e maiores. Pona sobre as táboas Producións Teatrais Excéntricas baixo a dirección de Quico Cadaval.
Música | PercusiónPrograma Didáctico
Invención Odaiko Krea
Varias datas|Auditorio de Galicia
O espectáculo percorre distintos momentos históricos, facendo un repaso ás grandes invencións da Humanidade. O humor, a interacción permanente e o virtuosismo musical son as ferramentas que espertarán a curiosidade da cativada; xurdindo, dunha divertida sesión didáctica, reflexións e intereses que activan o pensamento crítico e a creatividade das cativas e dos cativos.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Orquestra Sinfónica de Galicia Andrew Litton, director
Xoves 9 marzo | 20:30 |Auditorio de Galicia
Co Concerto para violín núm. 2, Prokofiev recoñece na súa Carta aos compositores soviéticos: «nunca dubidei da importancia da melodía [...] considero que é o elemento máis importante na música. [...] debo confesar con ledicia que comecei a ansiar a música tonal hai tempo».
Música | CantautorMúsica
ROZALÉN Por primeira vez en Galicia coa súa banda ao completo
Sábado 11 marzo | 21:30 |Auditorio de Galicia
Da man de Santiautor, Rozalén presenta en Santiago un concerto único en Galicia: arroupada por toda a súa banda e na recta final da súa xira de presentación de ‘Quién me ha visto…’. o seu segundo álbum composto por nove cancións asinadas íntegramente por ela e outras tres de autores como Luis Eduardo Aute ou Fetén Fetén. O álbum entrou directo ao número un na lista de vendas española.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Unha mirada de Oriente a Occidente Banda Municipal de Música de Santiago
Domingo 12 marzo | 12:00 |Teatro Principal
Diversidade de sons provenientes de distintos puntos do planeta cativaron durante séculos a compositores desde Oriente a Occidente enriquecendo as súas creacións musicais
Música | Outras músicasDidácticos audiovisuais
O cine soa ben! Didácticos Audiovisuais
Luns 13 marzo | 11:00 |Auditorio de Galicia
Concerto didáctico e interactivo de Caspervek Trío sobre a relación da música/son e imaxe no cine.
Outros | Letras
Inauguración de 'ATLÁNTICA' Festival Internacional de Narración Oral
Mércores 15 marzo | 21:00 |Auditorio de Galicia
Atlántica celebra este ano a súa quinta edición, que se inaugura cun espectáculo no que participarán todos os artistas que poderemos ver desde hoxe, día 15, ata o domingo 19, cando se clausura. O festival Atlántica concibe Galicia toda como un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán historias dos países que beirean o océano Atlántico, un enorme espazo cultural. Contadores e contadoras de Galicia, Cuba, Perú, Azores, Colombia...
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Paul Daniel, director
Xoves 16 marzo | 20:30 |Auditorio de Galicia
«Stravinski é un dos xenios máis notables que teña existido xamais na música. a lucidez do seu espírito liberounos; a súa forza combativa [...] Hai en Stravinski tal variedade de medios, tal sentido da invención, que un queda maravillado». Eric Satie
Teatro | EsperpentoTeatro&Danza
SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN Voadora presenta esta obra de William Shakespeare
Mércores 15 - Sábado 18 marzo | 20:30 |Teatro Principal
Demetrio e Lisandro queren a Hermia. Ela só ten ollos para Lisandro pero o pai dela só acepta a Demetrio. A súa amiga Helena ama a Demetrio pero este amor non é correspondido. Hermia e Lisandro acordan fuxir da cidade ao amparo da escuridade, pero son perseguidos por un enfurecido Demetrio que á súa vez é perseguido por unha extasiada Helena.
Teatro | Clown
CHRISTIAN ATANASIU Presenta 'Xograr coas palabras' no festival Atlántica
Sábado 18 marzo | 21:00 |Auditorio de Galicia
O actor clown alemán Christian Atanasiu presenta este espectáculo que recolle textos de anteriores traballos, creando un xogo teatral pouco frecuente, espido e cheo de creatividade, malabares coa linguaxe, chimpos na lóxica comun, cun humor absolutamente excéntrico, tolo e absurdo.
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Acto 20 aniversario Cofradía Vera Cruz Banda Municipal de Música de Santiago
Sábado 18 marzo | 19:00 |Auditorio ABANCA
A banda municipal de música de Santiago, participará na celebración do 20 aniversario da Cofradía Vera Cruz de Santiago de Compostela, nun concerto que terá lugar o 18 de marzo ás 19:00 h no Auditorio ABANCA
Música | ClásicaBanda Municipal de Música
Paseo pola historia da Banda Banda Municipal de Música de Santiago
Domingo 19 marzo | 12:00 |Teatro Principal
Unha das bandas de música máis antigas de Galicia, a banda municipal de Santiago, dirixida por Casiano Mouriño Maquieira e con Pilar Cancela Montes como presentadora, farán un percorrido pola súa historia
Cinema | MediametraxeDidácticos audiovisuais
Mamasunción fala agora Didácticos Audiovisuais
Luns 20 marzo | 11:00 |Auditorio de Galicia
Sesión de exhibición da mediometraxe galega de 1984 dirixida por Chano Piñeiro e actividade didáctica sobre as temáticas do filme e a súa relación co mundo de hoxe en día en 3 eixes temáticos principais: o cambio nas comunicacións, as relacións familiares e a realidade da emigración en Galicia.
Teatro | Infantil/FamiliarPrograma Didáctico
Luppo Baobab Teatro
Varias datas|Teatro Principal
Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto de cada mañá, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción. Ten un amigo, Tulún, un neno que cada mañá lévalle o pan, as especias e o xornal. Luppo cóntalle a Tulún moitas historias da súa vida. Unha mañá, Tulún chega coa compra e Luppo non está...
Arte | Varios
Inauguración Miic Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
Martes 21 marzo | 20:00 |Auditorio de Galicia
Comisariada por Matilde Rodríguez, MiiC é a primeira Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea de Galicia. Unha exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.
Música | ClásicaPrograma de Abono
Real Filharmonía de Galicia Manuel Hernández Silva, director
Xoves 23 marzo | 20:30 |Auditorio de Galicia
O Concerto para violín é un dos máis interpretados na salas de concertos aínda que despois da estrea en Viena, o crítico Hanslick publicou: «... O novo e pretencioso concerto de Chaikovski procede con musicalidade só algúns instantes [...] O Andante, coa súa melancolía eslava, fai que nos reconciliemos coa obra [...] O Finale conduce á brutalidade desenfrenada dunha orxía rusa».
Música | ClásicaPrograma de Abono
Descubre unha orquestra para ti, a túa! E. Grieg
Sábado 25 marzo | 18:30 |Auditorio de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia dirixida polo mestre Manuel Hernández Silva, interpretarán a "Sinfonía en do menor " de Grieg
Teatro | ComediaTeatro&Danza
UBÚ REI Talía Teatro presenta esta comedia de Alfred Jarry
Xoves 23 - Sábado 25 marzo | 20:30 |Teatro Principal
Pai Ubú, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levados ata o absurdo. Ubu Rei é unha obra imprescindible no teatro moderno pola súa permanente actualidade xa que é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano.

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1486130058.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1486130058.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org