fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Visitas guiadas e talleres á exposición SEMENTE
Arte | Varios
Visitas guiadas e talleres á exposición SEMENTE
Para todos os públicos
As obras convidan a pensar sobre o papel dos e das artistas na actualidade. Fotografía, pintura, escultura, debuxo, instalación, videoinstalación, performance e unha pluralidade de técnicas de produción que nos fan reflexionar sobre o cambio que supuxo a aparición das tecnoloxías no mundo da arte e como conviven coas técnicas clásicas.
que

VISITA GUIADA E TALLER DIDÁCTICO PARA FAMILIAS

Creacción dunha obra de arte

Dirixido a: familias

Duración: hora e media

Número mínimo: 10

Horario: sábados e domingos de 9.00 a 14.00h e de 16.00 a 19.00h

Reserva en: exposicions@auditoriodegalicia.org

Nesta exposición moitos artistas traballan con materiais reciclados ou materiais que se poden atopar fácilmente en calquera fogar. Despois da visita guiada, e a través dos coñecementos que adquiran, realizarán as súas propias creacións usando materiais reciclados como papeis, cartóns, periódicos, telas, etc… poñendo en práctica a súa creatividade e imaxinación.

 

VISITA GUIADA PARA OUTROS COLECTIVOS E PÚBLICO EN XERAL

Descubrir a arte contemporánea

Número mínimo: 10

Horario: Todos os días de 9.00 a 14.00h e de 16.00 a 19.00h

Reserva en: exposicions@auditoriodegalicia.org

 

Na visita guiada previa se explicarán conceptos relativos á arte contemporánea, para achegarnos á compreder mellor a historia da arte contemporánea e dos creadores máis cercanos, xa que todos son artistas galegos ou residentes en Galicia. Farase un percorrido sobre a historia das vangardas, sen introducirse en tecnicismos, para que os participantes establezan relación entre os grandes artistas da arte contemporánea e as obras que acaban de ver na exposición. A través de imaxes e con apoio didáctico farase un percorrido sobre a historia das vangardas, sen introducirse en tecnicismos, para que os participantes establezan relación entre os grandes artistas da arte contemporánea e as obras que acaban de ver na exposición.

 

VISITA GUIADA E TALLER DIDÁCTICO PARA ESCOLARES

Creacción dunha obra de arte

Dirixido a: Primaria

Duración: hora e media

Número máximo por taller: 15 a 20

Horario: de luns a venres de 9.00 a 14.00h

Reserva en: exposicions@auditoriodegalicia.org

Nesta exposición moitos artistas traballan con materiais reciclados ou materiais que se poden atopar fácilmente en calquera fogar. Despois da visita guiada, e a través dos coñecementos que adquiran, realizarán as súas propias creacións usando materiais reciclados como papeis, cartóns, periódicos, telas, etc… poñendo en práctica a súa creatividade e imaxinación.

 

VISITA GUIADA E TALLER DIDÁCTICO PARA ESCOLARES

Descubrir a arte contemporánea 

Dirixido: Primaria e secundaria

Duración: hora e media

Número máximo por taller: 15 a 20

Horario: de luns a venres de 9.00 a 14.00h

Reserva en: exposicions@auditoriodegalicia.org

Na visita guiada previa se explicarán conceptos relativos á arte contemporánea, para achegarnos á compreder mellor a historia da arte contemporánea e dos creadores máis cercanos, xa que todos son artistas galegos ou residentes en Galicia. Unha vez rematada a visita a través de imaxes e con apoio didáctico farase un percorrido sobre a historia das vangardas, sen introducirse en tecnicismos, para que os participantes establezan relación entre os grandes artistas da arte contemporánea e as obras que acaban de ver na exposición.

cando e onde
Mércores 1 - Domingo 26 febreiro 2017
  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

de interese
Reserva en: exposicions@auditoriodegalicia.org

Poderá reservase só a visita guiada ou a combinación de visita guiada e taller.

Todas as actividades didácticas están concebidas e realizadas por María Fontán Amoedo, alumna en prácticas do Curso de Grao da USC (Facultade de Xeografía e Historia) Web - http://auditorio.com...
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org