fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Visitas guiadas e talleres á exposición MIIC
Arte | Outros
Visitas guiadas e talleres á exposición MIIC
Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
Máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial. A mostra, comisariada por Matilde Rodríguez, resalta o valor da ilustración como medio de expresión creativa de moitos artistas contemporáneos, constituíndose como unha das ramas de comunicación máis libres e imaxinativas que existen.
que

Poderá reservase só a visita guiada ou a combinación de visita guiada e taller

 

Animación de obxectos inertes

Do 22 de marzo ao 15 de maio de 2017

Dirixido a: colexios ou asociacións

Duración: hora e media

Número mínimo: 8

Cada ilustrador ten un estilo propio que o fai único. Para iso emprega técnicas e procedementos de moi diversa índole, precisando de moita imaxinación e facendo uso de todas as posibilidades que lle brinda o seu entorno. Os participantes, facendo gala da súa imaxinación, terán que “dar vida” a obxectos aos que nunca a ninguén se lle ocorrería atribuír ningún tipo de personalidade. Poderían empregarse froitas, prendas de roupa coma calcetíns... Ao rematar a creación podería levarse a cabo a realización dunha performance cos obxectos creados, coma se de auténticos artistas se tratase.

Materiais necesarios: Cada participante deberá traer da casa aquel obxecto ao que por simpatía ou curiosidade queira “dar vida”.

 

Ilustración de produtos de consumo

Do 22 de marzo ao 15 de maio de 2017

Dirixido a: colexios ou asociacións

Duración: hora e media

Número mínimo: 8

Ao longo desta exposición podemos observar ilustracións de numerosos artistas que serviron de imaxe, descrición ou publicidade de moitos produtos que todos nós empregamos de xeito cotián. Logo da visita, os participantes farán uso dos coñecementos obtidos para o deseño das etiquetas dos produtos que eles elixan (como pode ser a dunha botella de auga ou un champú), facendo uso do principio de orixinalidade e da premisa de crear aquilo que vaia chamar a atención do consumidor, atendendo ás cores e formas.

Materiais necesarios: cada participante deberá traer da casa un botella de auga, un bote de champú, un cartón de cereais, unha lata de refresco... Calquera elemento baleiro e limpo.

 

'Animación de obxectos inertes'. Visita guiada e taller para familias

Luns 8 e martes 9 de maio de 18:00 a 19:30 h

Duración: hora e media

Nº máximo: 15 (incluídos adultos)

Cada ilustrador ten un estilo propio que o fai único. Para iso emprega técnicas e procedementos de moi diversa índole, precisando de moita imaxinación e facendo uso de todas as posibilidades que lle brinda o seu entorno. Os participantes, facendo gala da súa imaxinación, terán que “dar vida” a obxectos aos que nunca a ninguén se lle ocorrería atribuír ningún tipo de personalidade. Poderían empregarse froitas, prendas de roupa coma calcetíns... Ao rematar a creación podería levarse a cabo a realización dunha performance cos obxectos creados, coma se de auténticos artistas se tratase.

As actividades didácticas están concibidas e realizadas por Mónica Míguez González, alumna en prácticas do Máster da USC (Facultade de Xeografía e Historia)

Materiais necesarios: Cada participante deberá traer da casa aquel obxecto ao que por simpatía ou curiosidade queira “dar vida”.

 

Folla de sala

cando e onde
Mércores 22 marzo / Luns 15 maio 2017
  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

horario
Mañá: de martes a venres de 10:00 a 13:00 h Tarde: luns e martes de 18:00 a 20:00 h Contacto: exposicions@auditoriodegalicia.org

de interese
As actividades didácticas están concibidas e realizadas por Mónica Míguez González, alumna en prácticas do Máster da USC (Facultade de Xeografía e Historia) Web - http://auditorio.com...
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1501573859.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1501573859.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/programa_festas_apostolo_2017.pdf
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org