fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Décimo premio Auditorio de Galicia
Arte | Varios
Décimo premio Auditorio de Galicia
Obras seleccionadas e premiadas
Berio Molina –primeiro premio; Carlota de Leal –segundo premio e Brais Rodríguez –accésit, son os creadores recoñecidos no décimo premio Auditorio de Galicia para novos artistas. Unha edición que reune traballos de trinta e sete artistas que desde diferentes disciplinas como a pintura, escultura, cerámica, instalación, vídeo, fotografía, vídeo performance, accións.... enchen a sala de exposicións Isaac Díaz Pardo de enerxía e bo facer.
que

ARTISTAS SELECCIONADOS


CARLA ANDRADE (Vigo, Pontevedra, 1983)

El paisaje está vacío y el vacío es paisaje / vídeo HD / cor / 15 min / 2017

(....)  Percorremos os espazos baleiros do deserto de Atacama que se converterán en espazos case sacros, activamos o oco, para entender a paisaxe como unha escultura.

AMINE ASSELMAN (Toulouse, Francia, 1989)

Exposed / placas de aluminio sublimadas / 120 x 90 cm / 2017

(...) As fronteiras non son só esas barreiras que separan países en conflito (...) Exposed (que significa «exposto» ou «expostos») é unha fotografía dunha cámara de vixilancia, similar á que se usa nos pasos fronteirizos, colocada na esquina dun muro.

PABLO BARREIRO (Meaño, Pontevedra, 1982)

Aproximación/ 55 elementos barro vermello / medidas variables / 2017

(...) É o resultado dunha investigación formal do contedor como forma básica de recipiente / uso / módulo. É a cerámica o material usado por ter ese compoñente histórico / antropolóxico nun afán de conseguir unha achega ao utilitario como reflexión dunha extensión do cotián (...)

PILAR BOULLOSA (Vigo, Pontevedra, 1987)

Luscofusco nº 5 (Tejeda arde) / vídeo HD108i / medidas variables / 2017

(...) Gravacións realizadas na illa de Gran Canaria que son un estudo estético das cores, luces e sombras dun atardecer. (...) Recentemente, o cumio da illa ardeu e o vídeo mostra as consecuencias máis directas do desastre.

MARTA BRAN (Melide, A Coruña, 1986)

Ceci n’est pas publicité / instalación / impresión dixital sobre papel posteriormente recortado / 240 x 165 cm

“Ceci n’est pas publicité” preséntase ante o espectador como un cadáver exquisito surrealista, no que teñen lugar diferentes actuacións superpostas que xogan co equilibrio e desequilibrio dunha amálgama de liñas de papel delicadas e fráxiles (...)

ABI CASTILLO (Vigo, Pontevedra, 1987)

Floricactus / Gusanácea subterránea espinosa / Sacrum ignis cactus / Aquacrasa / Cactus mater / Larva lepidóptera caeruleus / Cerámica e ouro  /  medidas variables  /  2017

(...) unha colección de plantas e criaturas que nace como unha evolución de todo o traballo que levo realizando en debuxo e pintura durante os últimos anos. O material cerámico brindoume a posibilidade de materializar o meu propio xardín facendo que cobre vida (...)

OLALLA CASTRO (Lugo, 1989)

Cinco muros / libro de artista manipulable formado por postais de ceos e postais de murallas intercambiábeis entre si. Impresión dixital sobre papel Munken Pure 300 g / 21 x 16 x 2 cm / 25 páx. / 2017. [Realizado coas fotografías tomadas entre 2013 e 2017 en Lugo, Ferrol, Viana do Castelo, Dinan e China]

Desde o final da segunda guerra mundial, unha rede de lugares irmandados xurdiron en todo o mundo. Primeiro, a conexión xuntou cidades fronteirizas, coma vilas francesas e alemás, nun esforzo de acadar a paz e a concordia entre pobos enfrontados (...)

SAMUEL CASTRO (A Coruña, 1981)

Vórtice divino / instalación cinética / ventiladores, fío de cobre, tea e circuíto integrado / 250 x 150 x 200 cm / 2017

O ceo, como imaxe da divindade, é un tema vertebral na historia da arte. A imaxe do paraíso celestial ocupa un lugar prioritario nas representacións artísticas. Vórtice divino evoca este concepto recorrente para a arte antiga dende a instalación cinética (...)

NICOLÁS COMBARRO (A Coruña, 1979)

Sen título (Múnic) / fotografía cor sobre papel hahnemuhle 285 g / 125 x 165 cm/ ed. 1-3 / 2016

(...) O espazo de intervención era unha antiga sala de pintado industrial cuxos restos impregnaban paredes, chan e teito. A toxicidade non permitía a visita de espazo polo que a única visión da intervención so se podía realizar a través do seu documento fotográfico (...)

IRIA CORTIZO (Pontevedra, 1987)

Os Cazadores / serie de 4 chapeos / técnica mixta / medidas variables / 2017

OS CAZADORES

Gato 1º A: O outro día escoitei a rapaza falar coa nai. Preocupoume, pois dicía que tiña medo.

Gato 1º B: Medo de que?

Gato 1º A: Non o sei moi ben... De alguén creo. Dixo que vira un deles...

(...)

MARCOS COVELA (O Irixo, Ourense, 1990)

Mesa alienada / ferro, cristal, soldadura, roscado / 155 x 80 x 82,5 cm / 2017

(...) Mesa alienada forma parte dun proxecto relacionado coa idea de mesa, ese algo cunha superficie plana sostida por un ou varios pés, cunha altura adaptada para realizar calquera actividade (...)

MIGUEL CUBA (Lugo, 1982)

Des arrondissements (Fluctuat nec mergitur) / impresión dixital / 250 x 140 cm / 2017

Froito das miñas vivencias, e debido especialmente ás sensacións experimentadas durante os longos paseos pola cidade, unha noite París figuróuseme como un enorme remuíño (...)

OLMO CUÑA CARRACELAS (Vigo, Pontevedra, 1983)

Aquí nuestros ojos / óleo sobre papel / 20 pezas 200 cm / 2017

(...) O traballo reproduce a iconografía dunha pequena colección de etiquetas adhesivas de froitas e hortalizas que comecei como un xogo dende a miña chegada a México en 2015

CARLOTA DE LEAL ( Vila de Cruces, Pontevedra, 1988). SEGUNDO PREMIO

Avoa Elena / pintura mural / 250 x 250 cm / 2017

(...) Esta muller é unha deusa antiga e moderna. É unha muller flutuante. Figura unha nena sobrevoando o espazo, enganchada por uns simples anzois que non conseguen levala á superficie (...)

ROI DOMÍNGUEZ (O Barco de Valdeorras, Ourense, 1989)

Become / instalación / xanela recuperada, vasoira, follas e vídeo / medidas variables / vídeo 42 min / 2017

(...) O contorno desta peza sitúase no soar no que anteriormente estaba situada a miña primeira casa, este espazo (no seu momento un espazo íntimo e privado) é agora un lugar devorado pola natureza (...)

EDU (Bilbao, 1987)

Artista super emergente / vídeoperformance / 4 min (aprox.) / 2017

(...) A melancólica voz de Edu (un sadboy en versión galega) é un canto a toda unha xeración de profesionais do mundo da arte, un reflexo da situación laboral e da realidade dos creadores novos. (...)

IAGO EIREOS (Lugo, 1980)

Fronteras V (Nación S.A) / acrílico sobre lenzo; tensores con amarre de carraca / 140 x 100 x 40 cm

A obra Fronteras V transita entre a instalación e a pintura. A peza presenta un xogo de forzas demarcadas por varios tensores de carraca que trazan liñas físicas sobre unha serie de lenzos sobrepostos (...)

DAVID FIDALGO OMIL (Lugo, 1989)

SIGLO XXI / vídeoanimación / acrílico sobre papel / 4’ 06”/ 2017

SIGLO XXI é unha reflexión crítica e irónica sobre moitos sucesos machistas acontecidos en televisión este último ano así como unha posta en escena do absurdo que alaga as redes sociais (...)

BASILISA FIESTRAS (Pontevedra, 1985)

Lindes / escaiola e tanza / instalación / medidas variables / 2017

“Miramos, tocamos, escoitamos e medimos o mundo con toda a nosa constitución e existencia corpórea, e o mundo vivencial organízase e articúlase ao redor do corpo como centro.” (...) PALLASMAA, Juhani (2014) La imagen corpórea. Imaginación e imaginario en la arquitectura

MARTA FORTES (Pontevedra, 1980)

Horas / acrílico sobre tea / 50 x 100 cm / 2016

(...) levar de cada lugar un recordo, non calquera tipo de lugar, senón aqueles nos que pasei un bo momento, ben pola compañía ou polo lugar en si. Ás veces podo levar un pano ou unha bolsa de azucre dun bar, unha flor que esmagar nun libro, unha pedra, unha folla e, o máis usual, unha foto (...)

JULIA HUETE (Ourense, 1990)

Las tres heridas: La del amor, la de la vida y la de la muerte / Fío de ouro bordado a punto de cruz sobre tecido panamá de algodón / 150 x 230 cm / 2017

(...) As teas atravesadas repousan suspendidas como unha tarefa que foi finalizada. O amor como motor, a vida como continuo e a morte como fin unidos nunha liña que non decae e que devolve brillo (...)

BERIO MOLINA (A Fonsagrada, Lugo, 1979) PRIMEIRO PREMIO

Escapes / instalación sonora. Bambú. Látex. Pallóns de gaita. Inflador eléctrico, dous temporizadores e tubos de plástico / 400 x 400 cm. / 2017

(..) Escapes é unha composición sonora que explora a capacidade dos obxectos de fuxiren (parafraseando a Alberto Ruiz de Samaniego) "das determinacións ordinarias. Desbloquear e desocultar relacións tópicas nas que operan sempre os poderes do cotián, ou do normativo, ou do normalizado". A través dunha distorsión formal prodúcese unha rendención obxectual que expande o obxecto e o libera das súas cargas sociais, simbólicas e significativas. Converter un fol nun instrumento de fuga. Abrir canles polas que desborde o aire.

ROSA NEUTRO (Cangas do Morrazo, Pontevedra, 1979)

Non teño rostro. Non son ninguén. Non estou aquí / instalación / medidas variables / 2017

(...) A obra toma o seu título dun fragmento do libro de Virginia Woolf The waves; Rhoda, repítese para si mesma estas palabras ante a súa imaxe reflectida no espello. A relación da autora co seu corpo é explorada nesta novela a través deste personaxe feminino (...)

ANA PÉREZ VENTURA (Santiago de Compostela, A Coruña, 1981)

12 Études / acrílico sobre lenzo / 158 x 172 cm / 2014-2017

(...) Na miña obra o proceso de creación é un elemento importante. O devandito principio vese reflectido directamente nos meus études (estudos). Un estudo é (en música) unha peza de carácter didáctico, destinada a traballar un problema técnico específico (un xesto concreto) (...)

LARA PINTOS (A Coruña, 1984)

Juventud artística / óleo sobre lenzo / 116 x 89 cm / 2017

(...)  pinto un lenzo tradicional ao óleo, no que ironizo sobre a moda na arte con elementos tan recorrentes na decoración e na moda (e nas instalacións) como a palmeira e o ananás, a preocupación por cumprir anos e querer seguir no circuíto da produción artística (...)

MAR RAMÓN SORIANO (Valencia, 1993)

Desnudo. Espacio de juego / táboa de pasar o ferro, cerámica e pintalabios / 77 x 75 x 29 cm / 2017

(...) traballo a partir de materiais comúns e cotiáns, aproveitándome dos seus significados e á vez desviando as connotacións que achegan. Interésanme por pasar desapercibidos debido ao comúns que son (...)

MARTÍN RIVAS (Pontevedra, 1978)

Memoria en ruínas I / gres, esmalte / 25 x 25 cm c/u / 2015

(...) Esta representación do cerebro xorde formalmente do contacto entre dúas mans, por seren estas as que co seu traballo xeraron os recordos de convivencia, entrelazándose para dar lugar á forma idealizada daquel (...)

BRAIS RODRÍGUEZ (Brión, A Coruña, 1980) ACCÉSIT

Liñas verticais / tinta sobre papel / 150 láminas / 29, 7 x 21 cm c/u / 2017

(...) as liñas verticais describen unha variación secuencial en dous niveis:

Grosor: a secuencia horizontal manifesta unha alteración no grosor das liñas.

Ondulación: a secuencia vertical manifesta unha alteración na ondulación das liñas (...)

AARÓN SANROMÁN (Vigo, Pontevedra, 1985)

Soluble I / metacrilato líquido, resina epoxi, acrílico / 105 x 125 cm / 2017

(...) Esta obra “líquida” loita porque o seu estatismo individual poida solidificarse e permanecer coma un ben duradeiro. Un reflexo dunha sociedade no que as tradición e os costumes xa non perduran e rexen a nosa vida.

BORJA SANTOMÉ (Vigo, Pontevedra, 1992)

El reloj / Stop motion, tinta sobre acetato e papel / 4,47 min / 2017 / edi. 3 + 2 p.a.

Sempre sentín fascinación polas cidades, pola súa condición de xungla humana chea de historias. A grande urbe como un colector de asfalto, tráfico e ruído, onde os seres humanos deambulan arrastrados pola marea (...)

PAULA SANTOMÉ (Vigo, Pontevedra, 1994)

Adaptaciones a un entorno urbano, Pontevedra / fotografía dixital, impresión con inxección de tinta / 60 x 40 cm c/u / 2017 / 3 + 2 p.a.

(...) Nesta peza exploro o vínculo que habitualmente establecemos co espazo social, ou como nos axustamos (ou adaptamos) ao que nos rodea, e que expreso mediante micro-accións espontáneas (...)

ANDREA TORRES (Marín, Pontevedra, 1993)

¡BOOM! (formas de violencia) / instalación, cerámica / dimensións variables / 2017

(...) ‘Boom!’ constrúese ironicamente a través de formas naturais como as das coliflores, que pola súa semellanza visual coas explosións contribúen na súa representación dando lugar a este xogo de formas e significados, onde algúns parecen estar a xogar, sementando medo e destrución.

DENNISE VACCARELLO (Lugo, 1989)

2a / Illa Ficticia II: bosquexo / 2b / Illa Ficticia II: planta / 2c / Illa Ficticia II: alzado /  2d / Pedra amarela /  2e / Pigmento de cuncha de mexillón / 2017

(...) Illas que non existen pero proceden deste planeta, co que me pregunto, se as atopásemos na realidade, serían un lugar para a utopía ou para o espolio?, illas nas que esnaquizar os materias susceptibles de xeraren riqueza.

PABLO VENCE (Rodeiro, Pontevedra, 1979)

Encerrar o movemento / escultura cinética / caixa, metacrilato, motor, poliexpán, rodas, polímero negro, tinta negra e sensor de movemento / 100 x 100 x 100 cm / 2017

(...) Dentro da caixa totalmente pechada engado numerosas bólas de poliexpán que comezan a facer un remuíño co aire do motor e intentan escapar. A parte de arriba da caixa vai pechada por unha tapa de metacrilato a través da que o espectador pode observar ese movemento hipnótico que se produce dentro do espazo cerrado (...)

MAR VICENTE (O Valadouro, Lugo, 1979)

Acumulación de monocromos VII / pintura sobre lenzo e bastidor de madeira / 20 x 40 x 40 cm / 2014

(...) fai unha clara referencia á pintura aínda que se presenta coma un obxecto observable desde diferentes puntos de vista. Neste caso, o soporte de madeira amósase perpendicular á parede e cada “monocromo” pregado amontóase un outro no seu interior (...)

XABIER VIEIRO (Santiago de Compostela, A Coruña, 1983)

Xogo de azar 9 / fotografía fotoquímica-dixital / inxección de tinta sobre papel Hahnemulhe baritado / 100 x 80 cm / 2016 [modelo: Ana González Miranda / agradecementos : Andrés Etxeita · Mariam Marinho · Carlos Rey · Juan Adrio · Carmen Lage]

Xogos de azar reflexiona en torno á fotografía como unha imaxe non fiel do mundo que nos rodea, o problema da representación do corpo, a irrepetibilidade efémera do referente da imaxe (...)

JESU YÁNEZ (A Coruña, 1993)

How do the blind see the stars. (Como ven as persoas cegas as estrelas) / mapas estelares en braille (gofrado sobre papel de algodón), prancha de cinc gravada e carta estelar impresa sobre papel / medidas variables / 2017

 (...) Como ven as persoas cegas as estrelas) aborda os límites entre o visible e o tanxible, as dúas armas da percepción estética, e afonda desde a sensibilidade no papel imaxinativo dos invidentes á hora de confomar o seu mundo(...)

 

Imaxe: Primeiro premio, Berio Molina 'Escapes' 

 

cando e onde
Luns 27 novembro 2017 / Domingo 8 abril 2018
  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

horario
Horario de exposición: Todos os días de 10 a 14 e de 16 a 19h

de interese
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org