fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Visitas e talleres  '10º premio Auditorio de Galicia'
Arte | Varios
Visitas e talleres '10º premio Auditorio de Galicia'
Até o 28 de febreiro. Centros educativos e familias
A décima edición dos premios reúne traballos de 37 artistas que desde diferentes disciplinas como a pintura, escultura, cerámica, instalación, vídeo, fotografía, videoperformance, accións.... enchen a sala de exposicións Isaac Díaz Pardo de enerxía e bo facer. Berio Molina –primeiro premio, cunha peza que produce son; Carlota de Leal –segundo premio, cun mural e Brais Rodríguez –accésit, cun debuxo seriado sobre papel, son os creadores recoñecidos que obtiveron galardón.
que

PROPOSTAS DE FIN DE SEMANA PARA FAMILIAS

Pequenos artistas

Até o 28 de febreiro de 2018

Dirixido a: nenas e nenos de calquera idade acompañados por un membro adulto da familia

Poderá reservarse só a visita guiada ou a combinación de visita guiada e taller

Duración: hora e media (visita guiada e taller)

Horario Sábado e domigo

Mañás: de10:00 a 13:00 h

Tardes: 16:00 a 19:00 h

Unha vez finalizada a visita guiada, cada alumna e alumno escollerá algunha das ideas que os artistas desenvolven na mostra e tamén unha das disciplinas artísticas que viron no percorrido expositivo. Cada nena e neno poderá realizar unha ‘obra de arte’ a partir de diferentes materiais. O obxectivo é que comprendan que unha idea pode ser expresada con diferentes materiais e que todos os resultados poden ser unha creación artística.

Ao finalizar o taller debatirase sobre os traballos feitos e porqué, igual que pasa coas obras que vimos na exposición, nos gustan uns máis que outros.

 

PROPOSTAS PARA CENTROS EDUCATIVOS


Pequenos artistas

Até o 28 de febreiro de 2018

Dirixido a: Primaria e primeiro da ESO

Poderá reservarse só a visita guiada ou a combinación de visita guiada e taller

Duración: hora e media (visita guiada e taller)

Número mínimo: 8

Horario:

Mañás: de10:00 a 13:00 h

Tardes: 16:00 a 19:00 h

Unha vez finalizada a visita guiada, cada alumna e alumno escollerá algunha das ideas que os artistas desenvolven na mostra e tamén unha das disciplinas artísticas que viron no percorrido expositivo. Cada nena e neno poderá realizar unha ‘obra de arte’ a partir de diferentes materiais. O obxectivo é que comprendan que unha idea pode ser expresada con diferentes materiais e que todos os resultados poden ser unha creación artística.

 

Visita interactiva

Até o 28 de febreiro de 2018

Dirixido a: ESO

Duración: hora e media

Número mínimo: 8

Horario:

Mañás: de10:00 a 13:00 h

Tardes: 16:00 a 19:00 h

Unha visita guiada pensada para que alumnas e alumnos interactuen con obras e contidos a través das preguntas preparadas pola guía da exposición, tendo como obxectivo que ao final do percorrido aprecien os diferentes temas, os materiais ou as disciplinas nas que se moven os artistas máis actuais o por exemplo o número importante de mulleres que actualmente se adica a arte.

 

cando e onde
Luns 12 - Mércores 28 febreiro 2018
  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

horario
De 10.00 h a 19.00 h O acceso será gratuíto previa inscrición

de interese
Poderá facer as súas reservas no mail exposicions@auditoriodegalicia.org ou no mail info@auditoriodegalicia.org e no teléfono (até as 15.00 h) 981574152/3

Todas as actividades didácticas están concibidas e realizadas por Clara Reigosa Lombao, alumna do programa de Prácticas Externas do Grao de Historia da Arte (USC) Web - http://auditorio.com...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org