fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Pesdelán
Danza | VariasPrograma Didáctico
Pesdelán
Entroidanzas
O grupo de música e baile Pesdelán ten un obxectivo moi claro: que o público baile! Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos ó baile.
que

Pesdelán con Entroidanzas quere transmitir ó seu público o espírito de tolemia e diversión que supón o Entroido.
Este espectáculo é unha ocasión marabillosa para liberar tensións e esquecer normas. Todos xuntos percorreremos o mundo e gozaremos cos pasos do frevo do Brasil, seremos xorobados no baile do Gobbi, achegarémonos a Colombia para arrastrarmonos polo chan como os cempés, moverémonos como os boteiros de Vilariño de Conso... Xogos e risas acompañaran esta divertida entroidada.

Montse Rivera, animación e explicación das danzas - Mónica de Nut,Voz

Gerardo Quintela, acordeón -  Rubén Montes, percusión - Miguel Flores, guitarra 

Que é Pesdelán?

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Os espectáculos teñen unha duración aproximada de unha hora e están dirigidos a todolos públicos.

Alguns datos relevantes:

• Pesdelán propón un lecer diferente ao redor do baile e para todos os públicos. • Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé (Ed. Kalandraka). • Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante • Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar.

Un pouco de historia:

O grupo Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Fundao (Portugal), Festival San Froilanciño (Lugo)...

Arquivos adxuntos

cando e onde
Martes 21 febreiro 2017
10:00  12:00  Mércores 22 febreiro 2017
10:00  12:00  Sala Agustín Magán (Santa Marta)Antonio Rama Seoane 6981543017

prezo das entradas
Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace http://www.compostelacapitalcultural.com e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa
de interese
Recomendado para 3º, 4º, 5º e 6º Primaria
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org