fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN
Teatro | EsperpentoTeatro&Danza
SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN
Voadora presenta esta obra de William Shakespeare
Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun texto adaptado polo dramaturgo chileno Marco Layera. Con dirección de Marta Pazos, acoden de novo a Shakespeare, a quen xa representaran con ‘A tempestade’, para facer unha versión libre que afonda en temas profundos e actuais como a revolución feminista ou a realidade de xénero, en clave poética, divertida e musical.
que

Sinopse

Demetrio e Lisandro queren a Hermia. Ela só ten ollos para Lisandro pero o pai dela só acepta a Demetrio. A súa amiga Helena ama a Demetrio pero este amor non é correspondido. Hermia e Lisandro acordan fuxir da cidade ao amparo da escuridade, pero son perseguidos por un enfurecido Demetrio que á súa vez é perseguido por unha extasiada Helena. No bosque, sen o coñecemento dos mortais, Oberón e Titania (rei e raíña das fadas) teñen unha disputa sobre un criado. A trama xira cando o súbdito de Oberón, Puck, corre solto cunha flor que fai que as persoas namoren do primeiro que vexan ao espertar.

Ficha técnica e artística

SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN (Galicia, teatro/ esperpento)

de William Shakespeare

Voadora. Coproducida por IBERESCENA, MIT Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Festival de Almada (Portugal), Marco Layera (Chile) e Malverde  Produçoes (Brasil)

Elenco: Anäel Snoek, Andrea Quintana, Areta Bolado, Borja Fernández, Diego Anido, Hugo Torres, Janet Novas, Jose Díaz, Paris Lakryma e Hugo Torres

Alexis Fernández “Maca”, movemento

Rui Monteiro, iluminación

Liza G. Suárez, axudante de produción

José Díaz, produción

Gena Baamonde, axudante de dirección

Rita Grangeia, auxiliar de dirección

Marta Pazos, dirección

 

ENLACE PARA MERCAR ENTRADAS A TRAVÉS DE ABANCA

 

 

cando e onde
Mércores 15 - Sábado 18 marzo 2017
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros
5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
NON RECOMENDADA A MENORES DE 16 ANOS
100 minutos Web - www.voadora.es
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org