Gañadora de 2 premios internacionais como mellor obra de teatro en Cuba e España e con 3 nominacións ao Premio Municipal Caracas 2014, cóntanos a historia de dous exiliados que se atopan e descobren a dor e a soidade polo afastamento da súa propia terra. Oscar e Bruna dous personaxes que constantemente van alternando entre as memorias do pasado e o presente, onde comparten anécdotas da súa experiencia como exiliados; os seus soños, necesidades, frustracións, desexos, amores, esquecementos e relembranzas.
Unha obra que vai máis aló do exilio, que significa non só a perda dun país, senón do exilio da relixión, dos afectos, dos animais, e ata de nós mesmos. A nosa Señora das Nubes é un pobo que só existe na memoria dos expatriados, trazando un mapa da experiencia da diáspora como unha condición existencial de desarraigamento, neste caso inspirada pola historia do exilio latinoamericano. No pobo da nosa Señora das Nubes está presente o realismo máxico, o real marabilloso latinoamericano, o non realismo, a posmodernidade, o traballo do imaxinario, a poesía en acción, que van contribuíndo a que se logre o feitizo onde cada quen fai múltiples lecturas dun texto riquísimo en analoxías sobre a realidade de calquera dos nosos atormentados países.
NOSA SEÑORA DAS NUBES (Galicia, teatro/comedia)
de Arístides Vargas
Teatro do Morcego
Celso Parada, Josi Lage, Mundo Villalustre e Pablo Costas
Celso Parada, dirección
ENLACE PARA COMPRAR ENTRADAS A TRAVÉS DE ABANCA