As 16 escenas deste espectáculo xorden das páxinas dos diarios, das voces da radio, das conversacións a media voz de familiares e amigos. Os seus rostros atópanse na prensa, nos medios dixitais, nas reportaxes televisivas, nos descoñecidos cos que nos cruzamos a diario.
É a paisaxe vital do que os economistas chaman Gran Recesión.
Historias de resistencias, ilusións, vitorias e fracasos. Xeografía moral dunha sociedade enfrontada aos dilemas dun sistema que, por aumentar os beneficios das súas contas de resultados, permite a destrución e empobrecemento das súas clases medias que con pavor descobren a súa fraxilidade e indefensión.
SINOPSE
Un catedrático de macroeconomía, unha caixeira de supermercado recentemente despedida, unha parella de limpadores, unha avogada madura despedida pola moza executiva ambiciosa, un novo tiburón das finanzas, dúas vendedoras duns grandes almacéns, un matrimonio gozando dos praceres do sexo e o diñeiro ou un desesperado cincuentón chamando a unha liña erótica son algúns do dezaseis personaxes desta traxicomedia.
Personaxes que nadan polas turbulentas augas desta crise que saca o mellor e o peor de nós mesmos e que nos sitúa nun mundo onde, sobre todo, impera o poder do diñeiro a través de sete escenas e 16 personaxes.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
REPARTO:
Magda Gª-Arenal - Limpadora, Ana, dependenta, Rosalía
Cándido Gómez - Sr. Andreu, construtor, Javier e Julio
Mario Benítez - Camareiro, Manuel, Luis, Jesús
Nuqui Fernandez - Isa, Elena, dependenta, Paula
Texto e dirección – Agustín Iglesias
Axudante de dirección – Oscar Salinas
Vídeo creación – Nacho Vilaplana
Deseño vestiario – Laura Campos
Espazo escénico– Jose Iglesias
Deseño cartel – Nacho Vilaplana
Música: Memorial de Michael Nyman; Skokiaan de Louis Armstrong & His All-Stars; Dzajori Romanio de Lakhere Bala e Ida Kelarova; Una Mujer como yo de Albita; There's More to Life Than This de Björk; Oye 2014 de Santana, Pitbull; Şah-ı Merdan de Kardeş Türküler; Take Five de The Dave Brubeck Quartet
Técnico – Jose Mª Mato
ENLACE PARA MERCAR ENTRADAS A TRAVÉS DE ABANCA