fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
IALMA
Música | Folk/Popular/TradicionalMúsica
IALMA
Presentan 'Camiño. De Bruxelas a Santiago'
Non hai relación máis ó caso da palabra “camiño” que Santiago de Compostela, e aínda máis se quen vincula unha coa outra é un dos seus embaixadores máis orgullosos, IALMA: esas catro garbosas cantareiras que, despois de preto de 20 anos, cantan, tocan e bailan polo mundo enteiro a súa terra, Galicia. Que de camiños andados desde os seus inicios e Palabras Darei, o seu primeiro álbum!
que

Camiños aínda virxes que con voltas e reviravoltas conducen á xuntanza, por veces inesperada mais … qué abondosa nos achados!; congostras que recenden a aventura e liberdade; vereas tortas que puxeron en dúbida o carreiro a seguir; arrodeos que se converteron en xermolos de novas experiencias; vías que se cruzaron nas traxectorias dunha chea de artistas de mundos tan dispares: Mercedes Peón, Dulce Pontes, Carlos Nuñez, Kepa Junkera, Eliseo Parra, e tamén Arno, Zefiro Torna, Philippe Catherine, Renaud, Dick Van der Harst, Urban Trad, Perry Rose, Manou Gallo, Karim Baggili, N’Faly Kouyaté, Ghalia Benali, Lucilla Galeazzi, …

Aínda que residentes en Bruxelas, Magali, Marisol, Natalia e Verónica están en conexión constante e vital coa súa terra de orixe: Galicia. A cultura e as tradicións galegas son logo os seus inesgotables gurgullos que lle permitiron construír ós poucos un repertorio de cantos e bailes coa pegada das súas raíces, mais adaptadas á súa nova realidade: a das mulleres de hoxe en contacto con diferentes culturas, diferentes linguas, diferentes estéticas.

IALMA é testemuña desta evolución musical e artística que comezou na tradición oral galega e aventurouse cara unha mestizaxe sorprendente con unha nova xeración de ritmos e tendencias. “Descubrirmos novas culturas musicais permítenos enriquecernos e coñecernos mellor”: é a mellor maneira de definir a evolución que fixo o grupo , contribuíndo así a perpetuar, renovar e facer evolucionar este tipo de música.

CAMIÑO 

Os camiños que levan a Santiago de Compostela son extensos e aconchegan paisaxes e pobos de Europa. Mais para a chea de galegos que deixaron a súa terra á procura dun traballo ou da liberdade, ata daquela esmagada pola ditadura, a peregrinación arelada é a que leva cara á cultura, cara ás raíces, cara a esa identidade que fai que un pobo teña algo para contar e para compartir.

Espiritual para uns, iniciático ou simbólico para outros, o camiño é sempre un tempo rico en encontros, en descubertas, en cambios e en achegas. Sempre nesa andaina, e dando un enorme número de concertos polo mundo, foi a maneira na que IALMA fraguou e logo puíu con sosego Camiño, a expresión máis belida da madureza artística de Verónica, Magali, Natalia e Marisol.

Con este proxecto IALMA convídanos a unha experiencia musical inédita: a mistura da pegada da cultura e tradicións galegas coa variedade do mundo actual. O seu percorrido musical, enchoupado de herdanza galega que corre polas súas veas, é vivido aquí non como unha morriñenta saudade do País, senón como a expresión dunha identidade aberta da cidade que as viu nacer a todas elas: a Bruxelas cosmopolita, rica na súa multiculturidade e encrucillada de camiños do mundo, na que as raíces se atopan, cambian, comparten, mesturan e, por veces, fusiónanse.,

Camiño é a escolla manifesta de abertura ós mais; a cantiga de mulleres de hoxe, testemuñas dunha situación angurenta na que, por todo o lado, mallan no respecto, na tolerancia e maila na expresión das diferenzas.

 

Voces e percusión:

Veronica CODESAL

Natalia CODESAL

Magali MENENDEZ

Marisol PALOMO

Guitarra e dirección artística: Quentin DUJARDIN (ou Maarten DECOMBEL)

Acordeón diatónico: Didier LALOY (ou Jonathan DE NECK)

 

ENLACE PARA MERCAR ENTRADAS A TRAVÉS DE ABANCA


cando e onde
Mércores 3 maio 2017
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros
5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1490966812.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org