fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Inauguración de 'ATLÁNTICA'
Outros | LetrasLetras
Inauguración de 'ATLÁNTICA'
Festival Internacional de Narración Oral
Atlántica celebra este ano a súa quinta edición, que se inaugura cun espectáculo no que participarán todos os artistas que poderemos ver desde hoxe, día 15, ata o domingo 19, cando se clausura. O festival Atlántica concibe Galicia toda como un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán historias dos países que beirean o océano Atlántico, un enorme espazo cultural. Contadores e contadoras de Galicia, Cuba, Perú, Azores, Colombia...
que

Atlántica baséase nunha programación inzada de historias para todas as idades, pero tamén no debate, na reflexión e no diálogo sobre a creación literaria e a lectura. Este ano celébrase, ademais de en Compostela, tamén na Coruña, a Ourense, a Vigo, Ferrol, Lalín e Teo.

A Gala Inaugural é unha mostra do traballo de cada participante, unha galería de historias diferentes cun eido común, subir ao escenario o mellor de cada espectáculo, do humor, da retranca, da emoción, da memoria e da identidade que durante toda a semana do festival percorrerá Galicia.

Un abano de voces, acentos e contos que farán que o público sexa redeiro nesta nova singladura.

Participan: Pablo Albo (Alacante) Sofia Maul (Madeira) Cláudia Fonseca (Brasil) Valter Peres (Azores) Vitor Fernandes (Trás-os-Montes) Soledad Felloza (Uruguai) Quico Cadaval, Paula Carballeira, Charo Pita, Celso Sanmartín, Angeles Goás, Candido Pazó (Galicia).

Arquivos adxuntos

cando e onde
Mércores 15 marzo 2017
21:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
10 euros
5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1488282565.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1488282565.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org