fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
CHRISTIAN ATANASIU
Teatro | ClownLetras
CHRISTIAN ATANASIU
Presenta 'Xograr coas palabras' no festival Atlántica
O actor clown alemán Christian Atanasiu presenta este espectáculo que recolle textos de anteriores traballos, creando un xogo teatral pouco frecuente, espido e cheo de creatividade, malabares coa linguaxe, chimpos na lóxica comun, cun humor absolutamente excéntrico, tolo e absurdo.
que

Christian Atanasiu

Berlinés nado en 1955, aos seus estudos en Belas Artes foi engadindo outras disciplinas como Pantomima, iniciándose con Ella Jaroszewizc en París, e mimo e arte dramática, nos que se licenciou finalmente no Instituto e Teatro de Barcelona. Ten no seu haber diversos cursos de especialización: dende danza contemporánea ou estudos de voz, ata commedia dell’arte, improvisación teatral, clown ou teatro-danza.

Traballou dende ben novo en espectáculos itinerantes con compañías europeas de renome: Circus Rigolo (Francia), Theaterhauffen Ouweya (Alemaña) e Teatro Deszu (Polonia). Recalou finalmente en Barcelona, onde participou cunha moi boa acollida en Mira mira, do Teatro Estrany, e, máis tarde, xa coa súa propia compañía, Martí Atanasuu, acadou un grande éxito por toda Europa con obras como Boxtrot, Inuit-las personas e Hipnosis F.

Asemade, participou en proxectos de La Fura dels Baus (Accions) e a Compañía Vol-Ras (Flight e Pssssh), sen deixar de abrir novas portas ao cine e á TV, onde formou parte do elenco da serie da TV3 Tres estrellas, con El Tricicle; para TVE, con Antonio Mercero (La habitación blanca); e en varias curtas, medias e longametraxes, con directores de prestixio como Gerardo Vera ou Pere Portabella.

A súa especialización en clown e o seu bo facer levouno a se embarcar en novos proxectos de asesoramento en humor xestual, máscaras e técnicas de clown, nos que colaborou en labores de dirección e mesmo de creación.

Como docente ten impartido numerosos cursos de expresión corporal, teatro xestual e máscaras e de mimo e clown en diferentes países de América do Sur e Europa, sen descoidar nunca os seus traballos fixos no Instituto do Teatro de Barcelona, a ESADIB (Escola Superior de Arte Dramática das Illas Baleares) nin as colaboracións en cursos intensivos, coma os de posgrado en Arte Dramática na USC ou no Festiclown de Vigo.

Os premios ao seu bo facer chegaron con QUEmexpliQUE?!, INUIT e El dOn de dOn dÓnde, con recoñecementos dos Premios FAD, do Festival Internacional de Humor Comedy Arts 98 de Moers (Alemaña)e o Premio de les Artes Escénicas de Lleida. En 2010, Acorde, espectáculo de circo da Cía. Sebas, creado e dirixido polo propio Christian Atanasiu, recibiu o premio ao mellor Espectáculo 2010, no Festival Luiglio Bambino, Campi Bizonzi (Italia).

Con esta extensa bagaxe, Christian Atanasiu recala no porto do Atlántica para presentar o seu premiado espectáculo e ao día seguinte impartir unha clase maxistral, un xogo teatral cheo de creatividade.

Arquivos adxuntos

cando e onde
Sábado 18 marzo 2017
21:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
8 euros
4 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349
de interese
Espectáculo en castelán Web - festivalatlantica.com
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org