fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Charla Ninja con Alberto Guitián e David Rubín
Arte | VariosMediación cultural
Charla Ninja con Alberto Guitián e David Rubín
Actividades MiiC
A través dun pequeno grupo de actividades que se desenvolven arredor da mostra MiiC –que ocupa a sala de exposicións do Auditorio de Galicia até o 25 de xuño– Matilde Rodríguez, comisaria, achéganos ou descúbrenos proxectos do noso país, onde temos a sorte de contar cunha gran xeración de novos artistas que marcan tendencia tanto dentro como fóra da comunidade.
que

David Rubín e Alberto Guitián repasarán A Guía Ninja do ilustrador compartindo as súas experiencias e anécdotas profesionais.

David Rubín (Ourense, 1977), é un dos autores galegos de BD máis prolíficos e de maior proxección internacional. Comezou no ámbito das pequenas publicacións e fanzines de BD galegos e estatais. Hoxe en día publica as súas obras en países como EE. UU., Francia, Italia, Canadá, Reino Unido, Bélxica ou República Checa. Acadou prestixiosos premios do sector, entre eles o do Autor Revelación no Salón do Cómic de Barcelona, o Premio Castelao ou os Premios da Crítica ao mellor debuxante e á mellor obra. Tamén foi finalista do I Premio Nacional del Cómic, instituído polo Ministerio de Cultura. Ademais dos seus traballos como autor completo, ten colaborado con guionistas como Santiago García, Paul Pope, Matt Kindt, Marcos Prior, Curt Pires, JT Petty ou Jeff Lemire,, entre outros. Tamén traballou na animación CGI, e foi codirector da longametraxe Espírito do bosque. Algúns dos seus títulos de BD máis destacados son El Circo del Desaliento (Astiberri, 2005), La tetería del Oso Malayo (Astiberri, 2006) El héroe (Astiberri, 2011-2012), Beowulf (Astiberri, 2013, con guión de  Santiago García), El momento de Aurora West e La caída de la casa West (Debolsillo, 2014-2015, con guión de Paul Pope e JT Petty), La Ficción (Astiberri, 2015, con guión de Curt Pires), Miguel EN Cervantes: El retablo de las maravillas (Astiberri/Acción Cultural Española, 2015, con Miguelanxo Prado), Gran Hotel Abismo (Astiberri, 2016, con guión de Marcos Prior) e Ether (Astiberri, 2017, con guión de Matt Kindt). Actualmente traballa en varios episodios da aclamada serie Black Hammer (editada por Dark Horse), con guións de Jeff Lemire.

Alberto Guitián (Lugo, 1974), é ilustrador, grafista e autor de BD. Coordina o proxecto Guía Ninja do ilustrador da AGPI. Estudou Belas Artes en Pontevedra, onde comezou a colaborar en fanzines e revistas de BD e humor gráfico. É autor dos álbums Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010, tamén publicado en Francia) e El Circo Lorza (Dibbuks, 2011). Ten colaborado en revistas como El Jueves, Mister K, O Botafumeiro ou Retranca. Tamén fai ilustración de produto, publicidade, editorial e carteis, e, ás veces, de espectáculos de monicreques. Dentro do campo da animación traballou nas longametraxes Chico y Rita (F. Trueba e Mariscal, 2010) e Psiconautas (Alberto Vázquez, 2016), ambas gañadoras do Goya á mellor longametraxe animada. Recentemente deseñou os carteis do entroido 2017 da Coruña, cidade na que vive.

A maioría dos ilustradores e ilustradoras son freelance que deben coñercer a fondo os dereitos e deberes da súa creación artística. AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) creou, para resolver esta necesidade, a Guía Ninja do Ilustrador, na que se analizan as problemáticas que rodean á profesión e como facerlle fronte. A guía compila o decálogo Ninja publicado por entregas na web guianinjadoilustrador.org dirixida a profesionais, estudantes de arte, creativos freelance, clientes, amigos da ilustración ou persoas que comezan na profesión. A Charla Ninja MiiC e a campaña «Guía Ninja do ilustrador» contan co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Imaxe: espazo de AGPI na mostra MiiC, sala de exposicións do Auditorio de Galicia.

cando e onde
Sábado 22 abril 2017
12:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Entrada gratuíta ata límite de aforo
de interese
- Charla na Sala Mozart (75')
- Visita guiada na Sala de Exposicións: unha hora antes da charla, ofrecerase unha visita guiada á exposición. Prazas limitadas por orde de solicitude ata un máximo de 30 persoas previa reserva no mail: exposicions@auditoriodegalicia.org


Web - http://auditorio.com...
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1501573859.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1501573859.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/programa_festas_apostolo_2017.pdf
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org