fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Ruta Carlos Casares e Compostela
Mediación Cultural Mediación cultural
Ruta Carlos Casares e Compostela
Unha oportunidade para coñecer de preto ao escritor
'A ruta Carlos Casares e Compostela' é unha oportunidade para coñecer de preto a relación deste escritor ourensán –a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas– coa cidade de Santiago de Compostela.
que

O comezo desta relación ten lugar cando Carlos Casares chega á cidade en 1962, con vinte e un anos, para estudar Filoloxía Románica na Facultade de Filosofía e Letras. Precisamente a actual facultade de Filosofía e Letras, situada na Praza de Mazarelos, será o lugar onde se inicie este paseo no que, durante unha hora e media aproximadamente, iremos coñecendo a súa vida e a súa obra a través dos lugares que o vincularon a Compostela. Durante o percorrido farase fincapé na súa etapa de estudante, na época de parlamentario, no seu labor na presidencia do Consello da Cultura Galega ou nos aspectos máis salientables que vinculan a súa obra coa cidade de Compostela.

O labor de guía desta ruta será realizado por MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega, responsable da organización e execución dos paseos Compostela (des)crita e As Irmandades da Fala en Compostela que tiveron lugar durante os meses do verán de 2016.

cando e onde
Luns 15 maio 2017
19:30  Martes 16 maio 2017
19:30  Mércores 17 maio 2017
17:00  20:00  Xoves 18 maio 2017
19:30  Venres 19 maio 2017
19:30  Praza de Mazarelos

prezo das entradas
Gratuíto
de interese
Lugar de encontro: Praza de Mazarelos
Duración: 1 hora e media aprox.

Para asistir a estas rutas será precisa a inscrición previa, indicando día e hora, no enderezo de correo electrónico: info@auditoriodegalicia.org

O número límite de participantes será de 30 persoas en todos os paseos –un total de seis– e as rutas serán realizadas en lingua galega.
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org