fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Gatuxo
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
Gatuxo
Urdime SCG
Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.
que

Escoitase o latexo dun corazón, a ritmo de tambor, que provén dunha gran caixa branca que se atopa no centro do espazo escénico. Asoma un pé envolto nun calcetín e por outro lado vese unha man. Por riba aparece a cabeza, primeiro con timidez, e logo con curiosidade:
-Cucú!,a crianza sae da caixa cunha inxenuidade absoluta e un desexo enorme por coñecer.
En cada un dos espazos recreados representase a evolución do bebé, reflectida nas súas rutinas diarias. Grandes aventuras lle agardan: aprender a comer só, descubrir a risa, comezar a gatear, emitir os primeiros son e verbas, xogar, dar os primeiros pasos, bailar.

Ficha artística:

Magín Blanco: Voz e guitarra
Jorge Juncal: Piano, acordeón, Ukelele...
Maria Faltri: Voz e percusión
Raquel Queizás: Dirección e interpretación coa complicidade de María Torres Luís Brotóns: Escenografía
Julia Brotóns e Cristina Castiñeiras: Vestiario
Suso Fernández "Pirri": Construcción do boneco Gatuxo
Daniel Piñeiro: Deseño iluminación e vídeo creación
Manolo Dourado: Técnico de son
Bea Fernández Cortizas: Técnica de iluminación

Arquivos adxuntos

cando e onde
Martes 17 abril 2018
10:00  12:00  Mércores 18 abril 2018
10:00  12:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace http://www.compostelacapitalcultural.com e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa
de interese
Recomendado para alumnos/as de Ed. infantil, 1º e 2º Ed. Primaria
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org