fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
O carnaval dos animais de C. Saint-Saëns
Música | ClásicaPrograma Didáctico
O carnaval dos animais de C. Saint-Saëns
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
En 1886 Camilo Saint-Saëns escribiu esta obra instrumental moi divertida na que quixo que aparecesen moitos animais: leóns, elefantes, galiñas, tartarugas, canguros, asnos, cisnes, peixes e varios máis. Compuxo a música como broma para un día de entroido, así que comprobaredes que ten música moi alegre con toques de bo humor. Cada animal ou animais ten asignado un instrumento musical. Son 14 pequenos fragmentos adicados cada un deles a un animal distinto.
que

Compañía da USCompostela 

Direción artística: Juan Carlos Zahera
Coreografía: Xiana Vilas
Intérpretes: Lupe Carballo, Ipek Guller, Sina Menrad e José Vera
Vestiario: Uxía P. Vaello (Aquarium e Morte do Cisne), Aula de Teatro da USC (Leóns)

Introdución León
O concerto ábrese cunha marcha que presenta ao rei dos animais: o león, que ruxe.
Galiñas e galos
O segundo piano reproduce o cloqueo das galiñas, o primeiro piano imita ao galo.
Mulas
"Animais dos pés lixeiros". Os dous pianistas interpretan escalas a modo de estudo.
Tartarugas
A lentitude propia destes animais vén suxerida pola interpretación do can-can de "Orfeo nos infernos" de Offenbach tres veces máis lenta.
O elefante
Tras un comezo ao piano cun vals, o contrabaixo marca o ritmo lento e pesado deste animal.
Os canguros
Os seus saltos están imitados polos dous pianos que cambian bruscamente de compás.
O acuario
A flauta e os violines interpretan unha doce melodía. Os dous pianos encádrano todo cunha ejecución cruzada.
Personaxes de longas orellas
Os violines, aínda que pareza imposible, rebuznan.
O cucú no bosque
O clarinete o que imita o canto deste paxaro acompañado polos dous pianos.
A paxareira
A frauta é a que imita o trinar dos paxaros co eco dos pianos.
Pianistas
 O Home, é representado polos pianistas, onde a sátira acada o seu culmen.
Os fósiles
"Hai algo máis fósil que un compositor famoso?" dixo Saint-Saëns. O protagonista é o xilófono.
O cisne
A tradición conta que o cisne, antes de morrer, emite unha bellísima melodía. Aquí é o violonchelo o encargado de interpretar esta marabillosa elixía.

Arquivos adxuntos

cando e onde
Martes 13 marzo 2018
11:00  Mércores 14 marzo 2018
11:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace http://www.compostelacapitalcultural.com e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa
de interese
Recomendado para alumnos/as Ed. primaria Web - http://auditorio.com...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org