fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
La Phármaco
Danza | ContemporáneaX. Música Contemporánea
La Phármaco
Xornadas de Música Contemporánea 2017
La Phármaco, unha das formacións máis prometedoras da danza contemporánea de España, coa coreógrafa e bailarina Luz Arcas á fronte, presenta en Galicia 'Kaspar Hauser'. El huérfano de Europa, un espectáculo físico que dialoga coa Historia para reflectir a nosa época, bailando, como a propia formación afirma, “a natureza poética e salvaxe do humano.
que

Luz Arcas, coreografía

Begoña Quiñonres, interpretación

Carlos González, composición e interpretación musical

Jorge Colomer, iluminación

Heridadegato, deseño de vestiario

Ana Montes, escenografía

 

Kaspar Hauser. El huérfano de Europa (2016)

 

 

La Phármaco

Desde o seu nacemento en 2009, La Phármaco propúxose recuperar o concepto clásico de cerimonia escénica: o espectáculo total, onde os elementos expresivos se reúnen e a nan nunha mesma tonalidade, comprometida coa mensaxe. Para La Phármaco creemos que a danza non se limita a unha cuestión de xéneros nin de estilos, o seu labor é tratar de facer visible o que estaba escuro. As formas e as dinámicas son sempre inesperadas, orixinadas no profundo e reveladas como segredos onde a alma pode manifestarse e recoñecerse. A danza é unha arte culta, que dialoga coas voces fundamentais da nosa Historia. La Phármaco atopa nos clásicos da literatura universal un espello apropiado para re ectir a nosa época, á vez que reivindica a danza como mecanismo social, humanista. A cerimonia escénica é necesaria. A experiencia poética enfróntanos coas contradicións do humano. Quen baila lémbranos que o mundo se está creando aínda. Entre as creacións de La Phármaco destacan El libro de los venenos (2009, Prmio INJUVE e Málaga CREA 2009), El monstruo de las dos espaldas (2010), Antes fue siempre fuego (2012), Sed erosiona (2012), Éxodo: primer día (2013, nomeada aos Premios MAX e aos Premios del Teatro Andaluz como Mejor Espectáculo de Danza e Mejor Intérprete Femenina de Danza, seleccionada para o catálogo do AECID 2015) e La voz de nunca (2014, co-producida pola Agencia Andaluza de Instituciones Culturales, Premio Mejor Intérprete Femenina de Danza nos Premios del Teatro Andaluz, 2015). Os seus traballos recibiron o apoio do Centro de Danza Canle, a Agencia Andaluza de Instituciones Culturales, INAEM e AECID, e o seu repertorio continúa en xira dentro e fóra de España.

____

“Miralo todo cos ollos de quen non esperaba nin necesitaba o mundo”. Así introduce a compañía La Phármaco o leit motiv desta creación, que afonda nos misterios da controvertida personaxe que lle dá título á súa obra, Kaspar Hauser, coñecido como “o orfo de Europa”. La Phármaco, unha das formacións máis prometedoras da danza contemporánea de España, coa coreógrafa e bailarina Luz Arcas á fronte, presenta en Galicia Kaspar Hauser. El huérfano de Europa, un espectáculo físico que dialoga coa Historia para reflectir a nosa época, bailando, como a propia formación afirma, “a natureza poética e salvaxe do humano”.

cando e onde
Venres 17 novembro 2017
20:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Acceso libre até completar o aforo
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org