fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
XMC 2017
Música | Contemporánea
XMC 2017
Xornadas de Música Contemporánea
No ano 2012 renacían en Santiago de Compostela as Xornadas de Música Contemporánea co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea. Este ano celebramos unha nova edición, na que se mantén a mesma liña de traballo e colaboración institucional do ano pasado, froito da iniciativa, coordinación e promoción do Concello de Santiago, a Universidade de Santiago (USC), o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), e o Centro Nacional de Difusión Musical, CNDM do Instituto Nacional das Artes Escénicas y la Música, INAEM,co apoio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Consorcio de Santiago.
que

Baixo a premisa de promover e difundir as últimas tendencias e contribuír á innovación na contorna musical, as Xornadas de Música Contemporánea congregarán un ano máis en Santiago a artistas e formacións referenciais da música de culto e de vangarda. Do 7 de outubro ao 25 de novembro, diversos espazos da cidade como o Auditorio de Galicia, o Paraninfo e a Igrexa da Universidade, o CGAC, e o Teatro Principal servirán de escenario aos 18 concertos que se inclúen na programación deste ano. 

Co título Música (e outras artes), a presente edición celebra a converxencia entre diferentes disciplinas artísticas e favorece unha contorna de alta creatividade que contribúe enormemente á escena cultural galega e estatal. O estímulo á investigación e experimentación musical e o compromiso coa difusión de novas propostas tradúcese, así, na presentación de 15 obras de estrea absoluta e 5 estreas en España entre as que se contan numerosas composicións creadas por encargo do CNDM para a ocasión. 

OUTUBRO

GRUPO COSMOS 21
Carlos Galán, director
Sábado 7—20.30 h—CGAC
GRUPO INSTRUMENTAL SIGLO XX
Sábado 14—20.30 h —Igrexa da Universidade
SIGMA PROJECT
Venres 20—20.30 h —Igrexa da Universidade
MAGDALENA LLAMAS, mezzosoprano
LUIS FERNANDO PÉREZ, piano
Sábado 21—20.30 h—Paraninfo da Universidade
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA
Casiano Mouriño Maquieira, director
Domingo 22—12.00 h— Teatro Principal
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Paul Daniel, director
Xoves 26—20.30 h—Auditorio de Galicia
Venres 27—18.30 h—Auditorio de Galicia
PAULO p., gaita—BERTA FRESCO, piano
Venres 27—20.30 h—Paraninfo da Universidade
VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Sábado 28—20.30 h—CGAC
GRUPO DE DANZA CONTEMPORÁNEA DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA DE LUGO
GRUPO DE PERCUSIÓN DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA XOÁN MONTES DE LUGO
Diego Ventoso, director
Domingo 29—12.30 h— Auditorio de Galicia—Sala Mozart
NOVEMBRO

VOX STELLAE
Luis Martínez, director
Venres 3 —20.30 h—Igrexa da Universidade
ZOAR
Sábado 4 —20.30 h—Paraninfo da Universidade
 
TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO
Diego García Rodríguez, director
Venres 10—20.30 h—CGAC
ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA
Rogelio Groba, director
Sábado 11—20.30 h—Igrexa da Universidade
ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Mario Diz, director
Domingo 12—12.30 h—Igrexa da Universidade
LA PHÁRMACO
Ven 17—20.30 h—
Auditorio de Galicia—Sala Mozart
NICASIO GRADAILLE, piano
Sáb 18—20.30 h—CGAC
MANUEL BLANCO, trompeta
JESÚS SÁNCHEZ, piano
Venres 24 —20. 30 h—Paraninfo da Universidade
CUARTETO GRANADOS
ALICIA AMO, soprano
Sábado 25—20.30 h—Igrexa da Universidade

cando e onde
Sábado 7 outubro / Sábado 25 novembro 2017
  Varios espazos

prezo das entradas
Case todos os os concertos son de balde até completar aforo. Agás:
Real Filharmonía de Galicia | 26 out: 15 €
Real Filharmonía de Galicia | 27 out: 5 €
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono: 981 571 026

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org