fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira
Teatro | ComediaTeatro&Danza
Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira
Mofa e Befa
Mofa e Befa sométense a un duro exercicio espiritual poñendo en cuestión a súa propia filosofía escénica: o perralleirismo, unha filosofía baseada no principio de que todo problema ten solución. Estarán no Teatro Principal con catro funcións, de mércores a sábado, e ao remate da representación do xoves, teremos a primeira das nosas #posfuncion, un espazo para o debate e intercambio de opinións entre equipo e público.
que

Nesta incursión destemida nos camiños da filosofía, todo son preguntas.  Será que se pode atopar unha resposta perralleira ás grandes preguntas da humanidade? Son os cómicos seres pensantes ou só o parecen? Hai vida antes da morte? Para que serve un concepto nunha comedia? Que é mellor, saber ou non saber o que fai a veciña do lado polas noites?

Dispostos a solucionalo todo e armados cun simple biombo, Mofa e Befa emprenden viaxe polo fascinante mundo das ideas onde serán asaltados e posuídos por todo tipo de personaxes: filósofos lucenses, domadores de circo anti-darwinianos, eremitas positivistas, cantantes sufís ou cobradores da luz con ideas propias sobre a teoría da relatividade. Un freak show de pensadores e pensamentos que non renuncia a comprender a realidade actual, por difícil que pareza.

Dous cranios privilexiados á procura de respostas, dispostos a convencernos da validez do seu método: “No perralleirismo atoparedes a verdade”.   

 

Ficha do espectáculo 

 

Autoría: Pepe Sendón e Carlos Santiago
Dramaturxia e Dirección: Carlos Santiago

 

Elenco Artístico: Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira

Dirección de Arte: Natasha Lelenco

Espazo Lúmínico: Octavio Mas

Atrezzo: Marcelino de Santiago, “Kukas”

Produción: Rubén G. Pedrero

 

#posfuncion

Ao remate da representación do xoves 25, teremos a #posfunción, un espazo no que público e equipo do espectáculo poderán debater e intercambiar opinións arredor da obra. Ademais, convidamos a que comentedes o que vexades oportuno, todos os días de función nas redes sociais coas etiquetas de #posfuncion e #euvexoteatrogalego. Nesta primeira posfuncion acompañáránnos Zeltia Laya, filósofa e organizadora da Olimpiada Filosófica e Patricia Coucheiro, actriz e estudante de filosofía, ademais dos protagonistas da obra.

cando e onde
Mércores 24 - Sábado 27 xaneiro 2018
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
12 euros
Descontos do 50% para os seguintes colectivos:
- Desempregados
- Maiores de 65 anos
- Xubilados
- Menores de 25 anos
- Estudantes
- Familias monoparentais
- Familias numerosas
- Perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os dí­as que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

981 910 544
de interese
Para maiores de 13 anos
Duración aproximada: 90 minutos Web - www.excentricas.net Web - www.facebook.com/mof...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org