fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Servidor de dous amos
Teatro Teatro&Danza
Servidor de dous amos
Talía Teatro
Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, onde a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, onde riremos de todo e de todos, ata de nós mesmos.
que

Talía Teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, a compañía ofrece unha reinvención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal  ao tempo que busca incorporar novas formas de teatralidade. No seu 30 Aniversario, Talía Teatro comprométese co verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación mediante o uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, a creación dunha obra que capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son substituídos por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.

 

Ficha do espectáculo:

Autoría: Carlo Goldoni

Dirección: Artur Trillo e Diego Rey

Adaptación: Artur Trillo e Diego Rey

Escenografía: Diego Valeiras

Deseño iluminación: Diego Valeiras

Vestiario: Martina Cambeiro

Intérpretes: 

Xurxo Barcala

Toño Casais

Marta Lado

María Ordóñez

Diego Rey

Marta Ríos

Artur Trillo

Dani Trillo

cando e onde
Mércores 14 - Sábado 17 febreiro 2018
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
12 euros
Descontos do 50% para os seguintes colectivos:
- Desempregados
- Maiores de 65 anos
- Xubilados
- Menores de 25 anos
- Estudantes
- Familias monoparentais
- Familias numerosas
- Perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os dí­as que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

981 910 544
de interese
Para maiores de 13 anos
Duración aproximada 75 min. Web - www.taliateatro.gal
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/02/compostelaneafebreiro2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org