fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Ses presenta o seu novo disco 'Readmirando a condición'
Música | VariosMúsica
Ses presenta o seu novo disco 'Readmirando a condición'
Volve gravar, musicar e arranxar o seu primeiro traballo
SES presenta en Santiago o seu novo disco, 'Readmirando a condición'. Neste novo traballo, publicado o pasado 1 de decembro, a cantora coruñesa volveu gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, 'Admirando a condición', que publicara en 2011, ademais dun tema inédito -e homónimo- que se pode escoitar en Youtube, que xa acadou máis de 14.800 visitas. (Podedes velo no enlace máis abaixo)
que

O espectáculo forma parte da xira que a levará nos vindeiros meses por varias cidades galegas (A Coruña o 24 e 25 de febreiro; Vigo o 9 de marzo; Vilagarcía o 7 de abril; Narón o 12 de maio; e Lugo o 26), ademais de Barcelona (Tradicionàrius, 1 de marzo), Madrid (Galileo Galilei, 13 de marzo), Bilbao (Azkena, 20 de abril) e Lizarra ao día seguinte.  

Neste ‘tour’ as súas fans poderán escoitar por primeira vez o repertorio íntegro deste disco, pois naquel momento non se fixo xira e algúns dos temas que inclúe -como “Rolling Stone”, “Pepa” ou “Fala de mel”- apenas foron interpretados en directo.

Esta revisión do seu primeiro disco chega logo do éxito de ‘Opoñerse á extinción’, do que vendeu máis de 7.000 discos (chegou ao top 85 de vendas en España) e de ofrecer uns 50 concertos desde a súa presentación en decembro de 2016, con ‘sold-outs’ en case todos os auditorios galegos e concertos nas principais salas de Bilbao, Madrid ou Barcelona, alén de participar no Madrid World Pride e noutros moitos festivais por toda a Península.

‘Readmirando a condición’ está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.

***Este novo disco só se vende nos concertos da banda e na súa web.

 

 

cando e onde
Sábado 14 abril 2018
21:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
18 euros (+gastos de xestión)
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono: 981 571 026

entradas.abanca.com

981 910 522
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org