fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
PRESUMIDO + BFLECHA
Música | VariosCOMPOSTELA CONVERSA
PRESUMIDO + BFLECHA
Dentro do ciclo Compostela Conversa
Compostela Conversa é un ciclo de carácter único que achega o traballo de artistas a través de fíos comúns non sempre visibles. Tras o concerto con Los Pilotos e Aries, chegan BFlecha e Presumido, dúas das propostas de electrónica máis excitantes do momento en Galicia. Con eles falaremos, antes do concerto, de electrónica do pasado, do presente e do futuro, o sintético vs. o natural, hedonismo vs. introspección, morte vs. resurrección. Synthpop 2.0 vs. Trap. A conversa estará moderada por Cristina V Miranda, directora artística do ciclo.
que

PRESUMIDO

A banda revelación do 2017 é unha ponte entre a música electrónica do pasado e a do presente. Un proxecto de Synth Pop 2.0 formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, cuxa proposta é chegar a eses territorios musicais nos que o pop en castelán na súa versión máis electrónica xamais se ten metido. Por que Synthpop 2.0? Moi doado: Presumido collen o estilo dos clásicos do xénero como Depeche mode ou Kraftwerk e empápano coas referencias máis contemporáneas como M83, Moderat, Daft Punk, e os artistas electrónicos máis irreverentes como Bjork, Apparat, Aphex Twin, Telefon TelAviv… Atopando un estilo propio que poderiamos definir como uns Depeche Mode en castelán pasados de rosca.

Ademais da proposta musical ofrecen un espectáculo de luces e proxeccións que elaboraron de forma artesanal e que converten o seu directo nunha experiencia audiovisual única.

BFLECHA

O seu nome artístico significa mirar cara adiante, camiño do futuro, de cara ao positivo, na busca do coñecemento; o seu último disco é unha mestura de dous conceptos tan variopintos como Qualia y Kwale, referida "a las cualidades subjetivas de las experiencias individuales". Belén Vidal é B-Flecha, unha produtora e DJ que encerra un encontro constante de conexións infinitas que converxen na electrónica. Kwalia, o seu segundo traballo de estudio despois de Beta, invita ao que se achega a el a unha viaxe interior e íntima, onde un pode adentrarse en si mesmo a través da música.

 

Arquivos adxuntos

cando e onde
Venres 13 abril 2018
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros (5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais)
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono: 981 571 026

entradas.abanca.com

981 910 522
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org