fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Encontro con Andrés Goteira
Mediación Cultural A COR DAS PALABRAS
Encontro con Andrés Goteira
'Despois de Dhogs: reflexións para un segundo filme'
Andrés Goteira vén de facer historia ao recibir 13 galardóns nos Premios Mestre Mateo 2018 coa súa opera prima, Dhogs. O cineasta de Meira será o segundo convidado da tempada do ciclo A cor das palabras. Encontros con cineastas que organiza o Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX, cunha intervención que leva por título: «Despois de Dhogs, reflexións para un segundo filme». A cita, o sábado 19 de maio ás 11:30.
que

A pesar de ser esta a súa primeira longametraxe, Goteira dá mostras en Dhogs dun abraiante manexo da linguaxe do cinema, confeccionando un thriller turbulento que remite á obra dos Irmáns Coen e David Lynch. Acompañado dun elenco excepcional, encabezado por Melania Cruz, Carlos Blanco, Antonio Durán 'Morris' e Miguel de Lira, Dhogs engarza seis historias dominadas pola intriga, a obsesión e a sensualidade.

Sinopse

Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dua último grolo, inconsciente do alude de acontecementos que a agardan nas seguintes horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.

A cita do encontro é o sábado 19 de maio ás 11:30, con entrada gratuíta até completar aforo.

Para solicitar a túa praza só tes que escribir a acordaspalabras@santiagodecompostela.gal indicando nome completo e número de contacto.

cando e onde
Sábado 19 maio 2018
11:30  NumaxConcepción Arenal 9981560250

prezo das entradas
Entrada gratuíta até completar aforo.

Para solicitar a túa praza só tes que escribir a acordaspalabras@santiagodecompostela.gal indicando nome completo e número de contacto.
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/05/compostelaneamaio2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org