fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Conferencia de Nicasio Gradaille
Conferencias, coloquios X. Música Contemporánea
Conferencia de Nicasio Gradaille
Xornadas de Música Contemporánea 2018
Afincado en Vigo onde é profesor no Conservatorio Superior de Música, é pianista e membro fundador do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) de Santiago de Compostela, NIcasio Gradaille ofrecerá unha conferencia, dentro das Xornadas de Música Contemporánea, baixo o título 'A visión para piano de John Cage (1912-1992)'.
que

Nicasio Gradaille

Afincado en Vigo onde é profesor no Conservatorio Superior de Música, é pianista e membro fundador do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) de Santiago de Compostela. Doutor pola Universidade de Vigo cunha Tese sobre o Concert for Piano de John Cage de quen gravou para a Radio Galega as súas Sonatas and Interludes, impartiu seminarios sobre a súa obra para piano en diversos conservatorios europeos: Gante, Leeds, Viena, Aveiro ou Londres (Royal College of Music). Interesado na música contemporánea, participou nos festivais Via Stellae (Santiago de Compostela), Semana do Corpus (Lugo), Espazos Sonoros (Ourense, Vigo, Sada), Semana de Música Religiosa (Cuenca) ou Festival Internacional de Música y Danza (Granada). Gradaille foi galardoado co Primeiro Premio no Concurso Internacional Xavier Montsalvatge (Música para Piano do Século XX) de Girona e no Concurso Nacional Gregorio Baudot de Ferrol. Estudou no Conservatorio Superior de Música de Coruña, con Natalia Lamas, no Conservatorio Profesional de Vilaseca con Cecilio Tieles e na Musik-Akademie der Stadt Basel (Basilea, Suíza), con Peter Efler. Tamén recibiu clases en Santiago de Compostela con Martín Millán. Colabora frecuentemente coa Real Filharmonía de Galicia.

cando e onde
Mércores 20 xuño 2018
19:30  Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)Rúa Valle Inclán s/n

prezo das entradas
Entrada libre ata límite de aforo
de interese
As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC e contan coa colaboración da Deputación de A Coruña. Web - cgac.xunta.gal
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org