fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'A Cabeza do Dragón' pecha as XMC de 2018
Teatro X. Música Contemporánea
'A Cabeza do Dragón' pecha as XMC de 2018
Xornadas de Música Contemporánea 2018
'A Cabeza do Dragón' de Ramón María del Valle Inclán pecha a edición das Xornadas de Música Contemporánea do ano 2018. Con dirección e dramaturxia de Quico Cadaval, a música é unha partitura composta ex-profeso por Javier María López para este espectáculo e será interpretada en directo polo TAC (Taller Atlántico Contemporáneo).
que

'A Cabeza do Dragón' de Ramón María del Valle Inclán

Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval

Elenco: Quico Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez

Escenografía e espazo lumínico: Baltasar Patiño

Vestiario, atrezzo e deseño gráfico: Suso Montero

Música: Javier María López 

Intérpretes: TAC (Taller Atlántico Contemporáneo)

 

PT Excéntricas conseguiu a colaboración de Baltasar Patiño, unha referencia no teatro español, para o espazo escénico e a iluminación. A indumentaria e o deseño gráfico será un traballo da imaxinación e da man de Suso Montero.

A música é unha partitura composta ex-profeso por Javier María López para este espectáculo. A gravación desta BSO será dirixida polo maestro Diego García Rodríguez, comandando o T.A.C (Taller Atlántico Contemporáneo) formado por prestixiosos músicos, moitos deles profesores da Real Filharmonía de Galicia.

A cabeza do Dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea.

____

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Enmascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aquí é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.

cando e onde
Venres 29 xuño 2018
20:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
12 euros

Desconto do 50% para persoas desempregadas, maiores de 65 anos, xubiladas, menores de 25 anos, estudantes, perceptoras de rendas sociais, familias monoparentais e familias numerosas.
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os dí­as que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com
Teléfono: 981910522
de interese
As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC e contan coa colaboración da Deputación de A Coruña.
Web - http://auditorio.com...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org