fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Teatro | Comedia | Martes 6 maio
Teatro do Morcego celebra o seu 25 aniversario con ‘Misterio Cómico’ en Compostela

Teatro do Morcego volve cunha nova versión de ‘Misterio cómico’ ou orixinalmente ‘Misterio bufo’, para celebrar o XXV aniversario da fundación da compañía, creada en 1988 como Morcego Escola de Teatro e no 1989 como compañía profesional. Faino con este texto de Darío Fo co que acadou dous premios Compostela no ano 92 ao mellor actor para Celso Parada e mellor director para o director portugués Júlio Cardoso e que poderemos ver mañá, mércores 7 de maio, ás 21.00h no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro&Danza. As entradas, a 10 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.novagaliciabanco.es ou no 902 434 443. Ademais, o espectáculo está enmarcado na promoción de Bono de Teatro Galego.

Escrito na súa primeira versión en 1969, continuamente representado e modificado en función da resposta do público, ‘Misterio bufo’ está considerado xunto con ‘Morte accidental dun anarquista’ a obra máis importante de Dario Fo. Deste xeito, “Misterio bufo” a carón de “Morte accidental dun anarquista” é o texto de Fo máis representado prácticamente en todos os países e linguas do mundo, e, ao mesmo tempo, o máis odiado e combatido desde as altas instancias vaticanas. 

Fo quere contar a verdadeira historia, a do pobo, a que foi sempre marxinada pola cultura oficial, manipuladora e hipócrita. Indignado pola terxiversación que os popes culturais fixeron deste feito como doutros temas, reivindica o verdaderio coñecemento dun elemento esencial da cultura italiana, como é a súa tradición oral e escrita de teatro popular.De feito di: «Máis que un longo paso cara atrás, dei un salto mortal ao revés, no sentido de que evitei rastrear as orixes con actitude de arqueólogo. Procurei tamén o medieval que asoma en Moliere e na Comediada Arte, en toda esa riqueza o que estes comediantes fixeron da lección medieval de entreter ao público».

Nas introducións ás diversas escenas da obra, Fo deixa moi clara a diferencia entre a cultura aristocrática, elitista e allea á realidade, e a extraordinaria forza comunicativa desa cultura popular que en toda a súa vida de autor, actor, director, de artista comprometido na fin, non se ten cansado de invocar, reivindicar e reinventar para falar de temas do noso tempo.

 

Duración: 70 Minutos

Clasificación: Comedia

Público: Adultos

Elenco artístico:CELSO PARADA

Autor: DARÍO FO

Dirección: JÚLIO CARDOSO

Adaptación: CELSO PARADA

Deseño son: PABLO COSTAS

Deseño iluminación: TEATRO DO MORCEGO

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1501573859.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1501573859.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/programa_festas_apostolo_2017.pdf
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org